Propostas do alumnado para a mellor “Xornada de portas abertas do cole”

Como ben sabedes, o noso gusto polo trato próximo coas familias ten unha data especial e imprescindible no calendario, na que celebramos unha gran festa: a “Xornada de portas abertas do cole”. Trátase dunha data dirixida á convivencia de toda a comunidade educativa. Nela, ademais da actuación dos distintos cursos, realizamos talleres, experimentos, e contamos con diferentes animacións dirixidas a toda a familia.

Moi posiblemente hoxe sería o día elixido, e estaríamos xa coas ganas enormes de celebrar con todos  esta importante data do noso curso escolar. Pero como este ano non é posible facela por mor do coronavirus, o alumnado de sexto de Educación Primaria, que xa está ás portas do cambio de etapa, non quería perder a oportunidade de despedirse cunha festa, aínda que sexa virtual!

Aproveitando o seu dominio da lingua inglesa, traballaron para idear como sería a festa, planificándoa con detalle, asignándolle a cada grupo as diferentes actuacións e organizando toda a animación posterior. Cada un adaptouna aos seus gustos para suxerir como sería a mellor Festa de Xornada de Portas Abertas do cole. E aquí tedes o resultado. Uns trípticos cheos de bo facer e ilusión, para celebrar xuntos na distancia, a que sería unha das súas festas máis especiais. Grazas polo voso traballo! Non quededes con pena, que a festa do curso que ven vai ser memorable! E de seguro tomaremos boa nota das vosas propostas!

Proposta de Raúl – 6º E.P.

Proposta de Teresa – 6º P.E.

Proposta de Yael – 6º E.P.

Proposta de Pilar – 6º E.P.

Proposta de Yago – 6º E.P.

Proposta de Rodrigo – 6º E.P.

Comments are closed