Visita á Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais

O pasado luns 25 de marzo o alumnado de 4.º da ESO asistiu á V Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo, que se celebrou no recibidor do Auditorio Mar de Vigo. Estas xornadas están dirixidas a todos aqueles que queren coñecer algunha saída laboral próxima ou futura, pero, sobre todo, teñen como obxectivo fundamental axudar e dar a coñecer ao alumnado dos últimos cursos da ESO, Bacharelato e ciclos da formación profesional, os distintos oficios relacionados co peiteado,—

Ler máis

Proxecto “Planeta Cíes”

O grupo de 3.º da ESO vai participar no proxecto “Planeta Cíes”. Este proxecto consiste en dar a coñecer o porqué da candidatura das illas Cíes a Patrimonio Mundial da Unesco. A presentación para os estudantes deste programa educativo tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo, onde se presentou o traballo de base que lles servirá de punto de partida para achegarse aos valores naturais, ambientais e culturais do arquipélago. Este grupo acabará coñecendo as particularidades das illas e ata—

Ler máis