Personaxes terroríficos…

Coincidindo coa pasada celebración do Samaín, estreitamente relacionada co Día de Defuntos en Galicia, botámoslle o dente a algúns extractos da novela Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas.

Tomamos como modelo algúns dos personaxes creados pola autora, como a propia Escarlatina, Catapún, Trombosio ou Amanito, e o alumnado de 2.º da ESO traballou en grupos para crear os seus propios personaxes.

Despois compartiron as historias creadas cos compañeiros:

Sempre lles gusta traballar en equipo e se son traballos creativos e interdisciplinares, moito máis!