Feliz Día das Letras Galegas!

Hoxe, 17 de maio, non queremos pasar sen celebrarmos toda a comunidade educativa o Día das Letras Galegas, aínda que sexa así na distancia. Este ano dedícase este día a Ricardo Carballo Calero. Durante o mes de outubro, faremos diferentes actos conmemorativos no centro escolar ao redor da figura deste persoeiro. Pero este 17 maio quedará para sempre na nosa memoria como unha data diferente, na que festexamos o día sabendo que todos os días son os días das nosas—

Ler máis

Visita da ESO aos museos coruñeses

Dicía Galileo que a Natureza está escrita en liguaxe matemática e que se non coñecemos esta linguaxe vagamos por un escuro labirinto. Os alumnos da ESO tiveron o pracer de poder ver e experimentar o que sabemos sobre a enerxía, as forzas da Terra, a evolución ou a percepción na Domus e na Casa das Ciencias da Coruña. Tamén viaxaron a outras latitudes (subiron de Vigo, a 42,23ºN, ata A Coruña, a 43,37ºN; en total, máis dun grao de meridiano),—

Ler máis

Participación no Spelling Bee

Un ano máis, tres alumnos do noso centro participaron na XIII Edición do concurso de deletreo interescolar de Vigo. Tivo lugar no Cine-Teatro Salesianos. Ás  16:30, convocáronnos aos participantes e mestres. Unha vez coñecidas as normas, entraron os espectadores e deu comezo o concurso. Entre nervios e emoción, transcorreu o deletreo. Os alumnos do Quiñones non chegaron ás roldas finais, pero temos que dicir que estamos moi orgullosos deles, e da súa valentía ao querer participar no concurso e facelo,—

Ler máis