Saída de ESO

O xoves 10 de maio foi a saída de fin de curso da ESO: os de 1.º e 2.º fixeron un percorrido pola cidade de Ourense e os de 3.º e 4.º  visitaron a exposición “Galiciencia” no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, a poucos quilómetros da cidade. Logo, comeron todos, profesores e alumnos, no parque da Barbaña. Velaquí algunhas fotos dos que foron á exposición.