Visita ao Museo do Mar

O venres 19 de xaneiro todos os cursos de educación infantil e 1.º de primaria foron visitar o Museo do Mar. Alí participaron na actividade “Marcus e o misterio do mar salgado”.   O obxectivo fundamental desta actividade, ademais de que comprendan a importancia do mar como recurso económico, é que valoren a riqueza que proporciona o intercambio entre culturas distintas. Para iso, o noso alumnado visitou a aula didáctica e tamén o acuario. No museo, tiveron a oportunidade de aprender—

Ler máis