FELIZ ANO!!

FELIZ ANO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO QUIÑONES DE  LEÓN!! E que mellor forma de comezar este novo ano que amosándovos os preparativos e a festa do Nadal que fixemos no cole. Desde a ponte de decembro, puxémonos mans á obra e decoramos os corredores, elaboramos unha árbore dos desexos e traballamos a festividade do Nadal dende diferentes áreas. O xoves 20, os leonciños de infantil tiveron o seu festival pola tarde, coa esperada visita do home de vermello.—

Ler máis

A ESO e o Nadal

O alumnado da ESO quixo celebrar último día da clase compartindo con todos os compañeiros o seu tempo e os seus saberes. O grupo de 1.º da ESO deciciu contarlles uns contos aos leonciños. Primeiro, ensaiaron na clase e tamén na biblioteca diante dos compañeiros. Traballaron a expresión oral e a xestualidade, moi importantes para ser bos contadores de historias: E o día 21 de decembro tiveron que actuar diante do público máis esixente; os nosos leonciños: Foron uns valentes—

Ler máis

ENTREGA DO PREMIO DE VIGOLANDIA

Retornamos ao mes de decembro do 2017, cando se convocou, dende Vigolandia, un concurso de debuxo coa temática do Nadal. Participaron todos os nenos de educación primaria, e foi elixida a nosa alumna Yolanda González Almeida como gañadora do noso cole. Yolanda foi recoller o seu premio ao concello de Vigo, acompañada pola mestra de plástica. O alcalde da nosa cidade, Abel Caballero, con outros representantes, entregoulle o diploma e unha chea de agasallos, entre eles un xogo de manualidades—

Ler máis