Continuación do proxecto arte urbana no Quiñones de León

Nesta ocasión, a artista Noemí Núñez rematou un novo mural na parte traseira do noso centro, situada na rúa Numancia. Apréciase, desta maneira, un gran cambio nesta fachada, cos motivos florais e as cores tan rechamantes empregadas para este novo mural. Dende aquí, só temos palabras de agradecemento tanto para os artistas implicados como para os impulsores deste xenial proxecto.