Festas do colexio

A finais do mes de maio celebramos as festas do noso colexio. Gústanos moito que as familias nos visiten e moitas delas non o poden facer durante o curso, así que este día intentamos que sexa único, e que nos poidan coñecer un pouco máis. A xornada comezou coa exhibición dunhas das nosas actividades extraescolares: taekwondo e baile. Os nosos leonciños estaban moi nerviosos, porque sabían que tras estas actuacións, sairían eles. Así estaban de preparados: A seguir, continuaron as—

Ler máis

Festa de convivencia

Como todos os anos por estas datas, celebramos un día de convivencia no cole. Este ano foi o venres 1 de xuño. A pesar das gotas que caeron ao inicio da tarde, puidemos celebrar dita xornada co alumnado e as súas familias. Comezou a xornada coas distintas actuacións das etapas de infantil e primaria. A choiva fixo trasladar os bailes ao salón de actos. Neste sentido, queremos agradecer a paciencia e colaboración das familias, que tiveron que entrar por quendas.—

Ler máis