Visita dos locutores de Vía Radio Vigo

O 18 de outubro, viñeron a facernos unha visita os locutores de Vía Radio 88.4 FM Vigo, o Dj Charlie e Carlos Veleiro, co motivo do tema dos medios de comunicación que estamos a estudar en ciencias sociais. Explicáronnos como funcionaba a radio por dentro, de maneira moi amena e divertida, e facendo partícipes aos nenos. Contestaron, ademais, a diferentes preguntas formuladas polos rapaces: Como era o lugar onde traballaban. Canto tempo levaban traballando na súa profesión. Se para ser—

Ler máis

Proxecto Vigo literario 2017

O noso alumnado de 4.º da ESO participou esta semana na actividade organizada pola Concellería de Normalización Lingüística de Vigo: Proxecto Vigo literario. O obradoiro comezou cun percorrido por numerosas obras literarias nas que a nosa cidade, Vigo, é a protagonista. Así, os nosos alumnos viron que a súa cidade é tan internacional como poden ser Nova York ou París. Falamos de Xulio Verne e o seu Vinte mil leguas baixo dos mares, no que dedica un capítulo completo á—

Ler máis

Participación no programa «Enlaza Vigo contra a violencia de xénero»

O noso colexio non quixo deixar pasar a oportunidade de participar no programa organizado polo concello «Enlaza Vigo contra a violencia de xénero».   A propósito da celebración o día 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de 3.º da ESO, apoiado polo departamento de Plástica, deseñou un mural para tomar conciencia e concienciar os demais sobre este problema. Os murais estiveron expostos na rúa do Príncipe. Podedes ver os murais dos outros centros—

Ler máis