-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Día non lectivo
Lembrámoslles que o 2 de maio, venres, non hai clase por ser día de libre disposición do colexio.
ATENCIÓN: último reto!
Probas de recuperación de pendentes de cursos anteriores
Informámoslles de que a segunda (e última) convocatoria de probas para recuperar as pendentes de cursos anteriores será os días 28, 29 e 30 de abril, en horario lectivo.
En primaria, regueifamos!

Esta semana, o alumnado de 5.º de Primaria tivo a sorte de poder gozar da compañía dos grandes regueifeiros Caruncho e Pinto. Explicáronnos a orixe das regueifas e amosáronlle ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Despois, acompañados polo son da zanfona, crearon coplas e tamén as cantaron. Coma sempre, esta é unha actividade chea de humor, risas e o mellor ambiente! Este foi só un primeiro achegamento a esta arte de improvisación oral, pero haberá máis. Parabéns!
Charla de Sexualidade en 3º ESO

O alumnado de 3º ESO asistiu a unha charla dos centros Quérote+ sobre Sexualidade. Se ben un tema integral (biolóxico, ético, histórico, etc.) da persoa non se pode aprender en 50 minutos, os rapaces recibiron información de moitos asuntos de interese (ITS, métodos anticonceptivos, …) e, o que é máis importante, de onde acudir para ser escoitados en caso de necesitar axuda.