Última parada: Leonciños ao galope.

Os nenos e nenas de Os Leonciños gozaron dunha fantástica excursión de fin de curso no Centro de Equitación San Cosme, onde viviron unha xornada inesquecible en contacto directo coa natureza e os animais. Durante a visita, tiveron a oportunidade de montar a cabalo, así como de coñecer diferentes animais da granxa, darlles de comer e aprender máis sobre os seus coidados. Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que o xogo, a aprendizaxe e a convivencia foron da man. Sen—

Ler máis

Infantil visita a Biblioteca Neira Vilas

O pasado 17 de xuño visitamos a Biblioteca Neira Vilas. Baixo a temática dos detectives, gozamos de contos moi divertidos e participamos en diferentes actividades. Para rematar a visita, elaboramos un mural cos distintos personaxes que fomos coñecendo ao longo da xornada. Desde o Equipo de Educación Infantil queremos agradecer a colaboración das familias que nos acompañaron nesta saída. A súa presenza e axuda son sempre moi valiosas e fan que este tipo de actividades sexan máis sinxelas, enriquecedoras e—

Ler máis

Graduación de Educación Infantil.

O noso alumnado de Infantil graduouse o pasado 12 de xuño. Foi unha xornada moi emotiva na que compartimos momentos que quedarán para o recordo. Agora, coas mochilas máis cargadas de aprendizaxes, toca dar un novo paso e comezar a súa etapa en Primaria. Compartimos un vídeo con algúns dos momentos máis especiais deste acto tan significativo.

Ler máis

Ecoralia, a lambona ecolóxica

Hoxe o alumnado de Educación Infantil tivemos a oportunidade de asistir ao auditorio do concello para gozar dun espectáculo moi especial: o novo traballo de Pakolas, Ecoralia, a lambona ecolóxica. A través das súas cancións cheas de ritmo e diversión, aprendemos a importancia de consumir alimentos ecolóxicos e de coidar o medio ambiente, tanto na terra como no mar. Tamén reflexionamos sobre como pequenas accións poden axudar a combater o cambio climático e a garantir o benestar animal. Foi unha—

Ler máis

O alumnado de Infantil e 2º de Primaria visita o Museo Quiñones de León.

O alumnado de infantil e 2º de primaria realizou unha visita ao Pazo Museo Quiñones de León, o museo que inspirou o nome do noso colexio. Foi unha xornada moi divertida na que coñecemos de primeira man como era a vida na casa antigamente e puidemos ver fotografías dos antigos moradores. Para rematar, percorremos o labirinto dos xardíns, unha actividade que resultou moi entretida para todos e todas.

Ler máis

As mulleres máis importantes das nosas vidas (E.I, 8M)

  Os leonciños do colexio queremos render unha pequena  homenaxe ás mulleres máis importantes das nosas vidas. Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, queremos agradecerlles todo o que fan por nós cada día: o seu amor, o seu coidado, a súa paciencia e a súa forza. Elas son o noso exemplo, as que nos ensinan a crecer, a respectar e a soñar. Porque sen elas o mundo non sería o mesmo. Feliz Día Internacional da Muller!

Ler máis