-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Festa de Fin de Curso 24-25

O pasado 20 de xuño celebramos o final de curso cunha festa na que houbo actuacións, talleres, contacontos e, como non, o inchable. O noso alumnado pasouno fenomenal en compañía dos profes e das súas familias, ás cales estamos moi agradecidos un ano máis. Deixámosvos aquí as actuacións e as actividades que tiveron lugar na xornada.
O alumnado de Infantil e 1º Primaria visitamos o Porto de Vigo.

O último día de curso o alumnado de infantil e 1º de Primaria, fixemos unha visita moi especial ao Porto de Vigo, un dos máis importantes de Europa. Durante o percorrido, coñecemos de preto o funcionamento da Cámara dos Frescos, dos Conxelados e dos Vivos, onde aprendemos como se clasifican, conservan e transportan os produtos do mar. Tamén nos explicaron como funciona a Lonxa, o lugar onde se poxa o peixe acabado de chegar. Foi unha experiencia moi interesante e educativa para—
Último reto da lingua. O galego está presente
Graduación de secundaria

A semana pasada celebramos a graduación dos nosos maiores. Houbo moitas lembranzas destes anos connosco, nos que medraron ata converterse nuns mozos e mozas marabillosos. Agora continuarán esta travesía sen deixar de remar, como ben saben facer. Este non foi un adeus. Aquí vos agardamos para saber de vós, esta é a vosa casa.
GRADUACIÓN INFANTIL

Este martes celebramos a graduación de Infantil, un día moi especial e cheo de emocións. Os nosos leonciños despedíronse dunha etapa chea de aprendizaxes e xogos. Con moita ilusión, deron o seu último pasiño nesta parte do camiño. Foi unha xornada inesquecible, con sorrisos, bágoas e moito orgullo. En setembro, subirán as escaleiras rumbo a Primaria, preparados para seguir medrando. Estamos moi orgullosos de vós, pequenos grandes valentes!
Graduación Primaria 2025

Onte tivemos o pracer de celebrar coas familias a gradación dos veteranos de Primaria. Unha tarde chea de emocións e sorpresas para o noso alumnado e os seus seres queridos aos cales lles estamos moi agradecidos por confiar en nós. Agora espéranlles novos retos e vivencias na súa nova etapa na ESO. Felicidades!