-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Concurso de redacción e poesía
Participación no reto 4: cantas con nós?
Circuítos eléctricos

O alumnado de 3.º de educación primaria está a manter estes días o seu primeiro contacto cos circuítos eléctricos e electrónicos. Grazas ao kit de iniciación á electrónica, proporcionado polo proxecto Polos Creativos, o alumnado afondou nos contidos traballados de materiais condutores e illantes, e nos conceptos básicos como a polaridade, que son a base da circulación da enerxía. Practicaron como crear un circuíto electrónico pechado, comprenderon a diferenza cos circuítos abertos, manipulando directamente cos compoñentes kit sobre a placa,—
Gala dos Premios Dígocho Eu 2025
Visitamos a cidade de Pontevedra

O alumnado de 2.º e 3.º da ESO visitou a cidade de Pontevedra. A primeira parada foi o Museo de Pontevedra. Alí, o grupo de 3.º participou nunha visita guiada polas salas dedicadas a Castelao, e o grupo de 2.º coñeceu os fondos arqueolóxicos, desde o Paleolítico ata os romanos. Despois pasearon pola zona vella da cidade e coñeceron algunhas das súas prazas.