-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Graduación de secundaria

A semana pasada celebramos a graduación dos nosos maiores. Houbo moitas lembranzas destes anos connosco, nos que medraron ata converterse nuns mozos e mozas marabillosos. Agora continuarán esta travesía sen deixar de remar, como ben saben facer. Este non foi un adeus. Aquí vos agardamos para saber de vós, esta é a vosa casa.
GRADUACIÓN INFANTIL

Este martes celebramos a graduación de Infantil, un día moi especial e cheo de emocións. Os nosos leonciños despedíronse dunha etapa chea de aprendizaxes e xogos. Con moita ilusión, deron o seu último pasiño nesta parte do camiño. Foi unha xornada inesquecible, con sorrisos, bágoas e moito orgullo. En setembro, subirán as escaleiras rumbo a Primaria, preparados para seguir medrando. Estamos moi orgullosos de vós, pequenos grandes valentes!
Graduación Primaria 2025

Onte tivemos o pracer de celebrar coas familias a gradación dos veteranos de Primaria. Unha tarde chea de emocións e sorpresas para o noso alumnado e os seus seres queridos aos cales lles estamos moi agradecidos por confiar en nós. Agora espéranlles novos retos e vivencias na súa nova etapa na ESO. Felicidades!
Galardóns Faro da Escola 2025

Este ano, no que se conmemoraba o 10º aniversario do proxecto Faro da Escola, o alumnado do noso centro obtivo tres galardóns entre os que se atopa o Premio á Portada 10 anos e o Primeiro Premio de Vitrasa, que fai unha reportaxe sobre o paso do Tranvía ao autobús en Vigo. ¡Felicidades para todos xa que é un proxecto no que a nosa comunidade educativa envórcase ano tras ano.