-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Galardóns Faro da Escola 2025

Este ano, no que se conmemoraba o 10º aniversario do proxecto Faro da Escola, o alumnado do noso centro obtivo tres galardóns entre os que se atopa o Premio á Portada 10 anos e o Primeiro Premio de Vitrasa, que fai unha reportaxe sobre o paso do Tranvía ao autobús en Vigo. ¡Felicidades para todos xa que é un proxecto no que a nosa comunidade educativa envórcase ano tras ano.
Os leonciños visitamos a Biblioteca Neira Vilas
Visitamos a Biblioteca Xosé Neira Vilas (1º e 2º ciclo de EP)

Onte o noso alumnado do 1º e 2º ciclo de E.P visitou a Biblioteca de Xosé Neira Vilas. Pasaron unha xornada estupenda entre contos descubrindo toda a xente que hai detrás da publicación dun libro; desde quen o escribe a quen o ilustra ou o edita. O noso alumnado descubriu sorprendido que son moitas máis persoas das que pensamos. Tamén se converteron en autores e autoras das súas propias creacións literarias que poderedes ver en máis detalle moi pronto no—
Visita ao Museo-Pazo Quiñones de León

O grupo de 1.º da ESO visitou o museo municipal Quiñones de León. Alí percorreron a sala dedicada á prehistoria. Despois pasearon polos xardíns do pazo, viron a primeira pista de tenis de Vigo e os enormes eucaliptos plantados en 1872 (posiblemente os máis antigos de Galicia). Foi necesario que se unisen nove rapaces para rodear unha destas árbores.