Semana da Ciencia

Os navegantes antigos, que tamén somos nós, guiábanse polas estrelas, que parecían ser sempre as mesmas porque os mares tamén o eran. Houbo que cambiar a perspectiva e, de súpeto, apareceron novas figuras no ceo. Na ciencia, o ollo do navegante é tan importante como a propia Natureza, sempre esquiva como xa intuíron os escépticos gregos.

Na Semana da Ciencia abrimos un pouco máis eses ollos e cambiamos un pouco de posición para entender vellos feitos con miradas novas. En Infantil, os cativos/as aprenderon algunhas ideas básicas da exploración espacial, como que para saír da Terra o foguete necesita un sistema de propulsión que lle permita escapar da gravidade. E houbo que probar con diferentes aditivos, que eles mesmos/as testaron. Aprenderon un pouco da historia da exploración do espazo e, como non, construíron e decoraron o seu propio foguete e simularon a súa propulsión cun fío, unha cana e un globo. Podedes ver os vídeos aquí:         3 anos, 4 anos, 5 anos.

Como a tecnoloxía no é só o recente, os leonciños de 5 anos tamén construíron un muíño de auga co material de clase e tapóns de refugallo. Podedes velo aquí.

En 1º de Primaira, experimentamos sobre as mezclas de cores e o proceso de capilaridade. Primeiro disolvemos os colorantes alimenticios en auga para probar as mesturas cromáticas e despois, introducindo panos de mesa de papel comunicando os recipientes entre eles. Deste xeito comprobamos que,  similar á maneira na que a auga sobe polas raíces dunha planta ás súas follas, a auga de cores vaise mover cara arriba polos espazos ente as pequenas fibras do pano de mesa de papel, transferindo o líquido dun vaso a outro e volvendo a mesturas entre sí as cores.

En 2º de Primaria, optamos por comprobar un clásico. De verdade funciona a tinta invisible feita con zume de limón? O líquido do limón é un ácido débil que ao aplicalo sobre o papel debilítao (porque ten celulosa). Desta forma, ao darlle calor achegándoo a unha chama, a parte que ten o acedo cítrico do zume de limón oxídase deixando unha substancia de cor marrón, que é carbono. Custounos conseguir que se vise claramente todas as palabras que escribimos. Houbo que probar co ferro de pasar e con varias fontes de calor ata que saíron á luz. Isto é debido á concentración do ácedo de cada limón, así que o experimente non é sinxelo pero é certo. Eso sí pasámolo en grande exprimindo os limóns!

 

En 3º de Primaria escollemos a tecnoloxía dos aparellos usados polos humanos para orientarse. De todos aqueles dos que falamos, escollemos o compás por ser o máis coñecido e porque a súa tecnoloxía emprégase en moitos aparellos de orientación. Creamos, como non, o noso compás caseiro cun alfinete, unha caixa, un disco pequeno de cortiza, unha goma, un imán de neveira e un pouco de auga. Unha vez construído, como bos científicos/as comparamos a orientación sinalada co noso compás coa dun compás de verdade. E resultou!

En 4º de Primaria fixemos un experimento relacionado ca comida xa que estamos a traballar nese tema. Averiguamos que é o que ocorre cando sumerxes un ovo en vinagre. O resultado é sorpendente aínda que a explicación é moi sinxela. Ao mergullarse o ovo no vinagre que é un ácido (4% de ácido acético), comeza unha reacción química que disolve a casca do ovo, composta de carbonato de calcio. Ao reaccionar, o carbonato de calcio libera gas de dióxido de carbono que se poden ver como burbullas na casca. É un experimento moi sinxelo de facer da casa e o resultado é sorprendente así que vos animamos a probar. De todos os xeitos, para que o poidades ver, preparamos este vídeo.

En 6º de Primaria mergullámonos, traballando cun cómic, na historia das grandes mulleres, que foron moitas.

Ademáis disto, o alumnado de 2º e 3º de E.P por fin levaron para casa os seus queridos sementeiros.

En 2º ESO (A e B) viaxamos entre inventores e inventoras e descubrimos que a xenialidade, nos mundos máis xustos, non distingue de sexos.

En 3º ESO fixemos un concurso con novas tecnoloxías (Kahoot) pero antigas mulleres sabias.  María e Hannah amosáronnos a atribulada vida de Galileo e o seu proceso pola Inquisición. Non sempre calquera tempo pasado foi mellor.

En 4º ESO, máis prosaicos, aprendemos cunha versión propia de “Quen quere ser millonario?” (ou mellor, “millosabio”) e lanzamos un foguete de auga que non chegou tan lonxe como o telescopio de Galileo. Unha mágoa.

Velaí unhas fotiños:

Experimento levado a cabo en 1º de E.P

 

Alumnado de 2º de E.P exprimindo os limóns.

 

Resultado da experiencia

Alumnado de 2º de Ed. Primaria cos seus sementeiros.

 

Alumnado de 3º de Primaria cos seus sementeiros

Comments are closed