Unha sociedade madura debe desterrar vellos tabús e explicar a realidade sen eses medos que son a primeira causa de mitos, ideas erróneas e pensamentos únicos. E así, con palabras claras e respectuosas, sen chíos nin descalificacións, aprendemos algunhas ideas sobre sexualidade fóra dos contornos habituais de (des)información. A sexóloga Sonia Morán, do centro Quérote+ de Vigo, dependente da Consellería de Política Social da Xunta, falou sobre o tema ao alumnado de 3º e 4º. E como para comprender hai que coñecer, creo que nenos/as, sen tantos prexuízos como os adultos, agradeceron que se lles falara con claridade e sen medos, aínda que para eles sexa algo novo e se corten un pouco á hora de falar. Traballo queda…
Velaí unhas fotos da charla: