Antes de nada, agardamos que pasásedes unhas festas agradables en compañía dos vosos seres queridos e acordándovos con agarimo dos que xa non puideron estar convosco.
Un ano máis chegou o Nadal ao cole e, como é habitual, as actividades e a dinámica das clases cambiaron. Presentámosvos aquí o máis destacado, ocorrido o último día da clase antes das vacacións, pero non pensedes que é o único que fixemos para celebrar estas festas. Nos blogues de cada etapa atoparedes, en breve, moito máis e separado por cursos para que vos sexa máis fácil consultalo.
Unha das actividades, xa tradición desde hai moitos anos no centro, foi elaborar unha postal para felicitar as festas, este ano a cargo da materia de Inglés. O alumnado acolleu a idea con ilusión e puxeron o mellor do seu parte para facer unhas preciosas postais.
Ademais disto, e converténdose en nova tradición, na materia de Plástica, cada curso de Ed. Primaria elaborou un adorno do Nadal para a súa árbore.
Este ano propoñémosvos de novo o xogo do photocall do Nadal pasado, pero esta vez… co equipo docente! A ver se sodes capaces de recoñecelos a todos…
Tamén celebramos o Ugly Jumper Day, vindo todos vestidos o último día cun xersei do Nadal o máis estrambótico posible. Moitos deles personalizados polos alumnos e as súas familias, este simple xesto fixo do último día de clase un momento especial cheo de bromas, risas e sorpresas. Todo o mundo puxo do seu parte, cousa pola que vos damos as grazas.
Iso si, probablemente algún volvese manchado de chocolate, xa que o profesorado decidiu deixar un día de lado o calendario de merendas para darlle a benvida, só por un día, ao noso gran inimigo… o chocolate! Cada neno ou nena podía decidir que traer para acompañalo, porque do chocolate encargámonos nós. Os seus grandes sorrisos durante a merenda dicíano todo.
Ah! E non podemos esquecernos da visita de Papá Noel, que un ano máis ha visitou a cada un dos nosos alumnos e alumnas para decatarse que tal pasaran este ano cheo de retos.
O que non sabía era que na clase de 3º de Primaria esperáballe unha sorpresa que esperamos que lle gustado.
E non quixo perderse a primeira edición dos Leóns de Ouro de 4º de ESO, cerimonia na que tanto alumnado como profesorado entregáronse mutuamente uns premios moi persoais. Cerimonia á que todos e todas asistiron cos seus mellores galas.
Todo isto, foi a nosa celebración do Nadal, pero houbo moitas máis actividades que se colgarán nos respectivos blogues.
Esperamos que o próximo curso, esta mesma entrada estea repleta de bailes en grupo, abrazos e panxoliñas… pero sobre todo, oxalá podamos volver ver os seus caritas felices mentres as levamos a cabo.
Feliz 2022!