Concurso Cíes, o paraíso de todos

Hoxe vimos cunha nova moi leda, o grupo de 2.º ESO B gañou na categoría de vídeo grupal de 1.º e 2.º da ESO o premio da VII edición do concurso Cíes, o paraíso de todos.

Deixámosvos o vídeo a continuación, para que poidades velo:

Só puido acudir un pequeno grupo para recoller o premio, a causa das medidas derivadas da situación sanitaria actual, pero deixámosvos algunha imaxe do acto.

E agora só nos queda pensar na data para gozar do premio: unha marabillosa viaxe ás Cíes para o grupo. Parabéns, formades un grande equipo!

Comments are closed