Os alumnos e alumnas de sexto de primaria recibiron a visita de Ramón Caride, o famoso escrito galego dun dous libros que este alumnos leron durante o curso: ” As músicas viaxeiras”. Os rapaces e rapazas fixéronlle un mural co seu retrato e prepararon unha benvida e un faladoiro con preguntas sobre a xuventude, traballo e vida actual do escritor. Previamente como verdadeiros xornalistas estiveron aprendendo na clase como informarse ben e solicitar a información sobre o escritor Ramón Caride para ter unha primeira toma de contacto antes de facer a entrevista. Tiveron a oportunidade de que lles dedicase estes fermosos libros de lectura e ademais, tivemos a sorte de que nos agasallara cun libro seu para ou noso fondo da biblioteca do colexio.
Moitas grazas Ramón, ata a próxima! Esperámoste cos brazos abertos!