O noso grupo de 4.º da ESO realizou a súa viaxe de fin de etapa no mes de maio. Gozaron dunha semana de convivencia, acompañados de Isabel e Sabela, polas terras de Cantabria.
Tiñan como punto de partida e descanso un albergue en Liébana.
Desde alí partían cada día para realizar diferentes visitas e actividades. Viaxaron en teleférico en Fuente Dé e realizaron unha ruta por Picos de Europa.
Fixeron rappel e desprazáronse en tirolina.
Outro día foron ao Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira, onde visitaron a Neocova, unha reprodución de Altamira.
Puideron pasear por Santander tamén, onde se achegaron a La Magdalena.
E tamén fixeron un descenso en canoa no río Cares-Deva.
Desexamos que gardedes no voso corazón estes días de convivencia.