O alumnado de 4.º da ESO, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, participou nas actividades do programa EnlazaVigo, organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
Este programa é un instrumento útil para educar en igualdade a nosa mocidade e busca construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e para todos.