EnlazaVigo

O alumnado de 4.º da ESO, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, participou nas actividades do programa EnlazaVigo, organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. Este programa é un instrumento útil para educar en igualdade a nosa mocidade e busca construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e para todos.

Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais

O grupo de 4.º da ESO asistiu hoxe á VI Edición da Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais, que se celebrou no Auditorio Mar de Vigo. Aquí puideron informarse sobre distintas oportunidades formativas que existen en Vigo. Así coñeceron cursos, ciclos e graos aos que poden acceder relacionados con múltiples ámbitos: idiomas, deseño gráfico, deseño web, auxiliares de voo, xoieiría, música, comercio internacional…

Cambiando estereotipos

O noso alumnado de 4.º da ESO participou no obradoiro de igualdade “Mozas e mozos cambiando estereotipos”, organizado polo Concello de Vigo. Neste obradoiro, traballaron contidos como os estereotipos e roles de xénero, a violencia simbólica, o ciberacoso, control e ciberviolencia en redes, as violencias sexuais ou o empoderamento. Os nosos alumnos e alumnas volveron coas ideas aínda máis claras do que xa as tiñan. Os programas de igualdade sempre son positivos para reforzar actitudes e comportamentos positivos e necesarios.