Hoxe o alumnado de Educación Infantil tivemos a oportunidade de asistir ao auditorio do concello para gozar dun espectáculo moi especial: o novo traballo de Pakolas, Ecoralia, a lambona ecolóxica.
A través das súas cancións cheas de ritmo e diversión, aprendemos a importancia de consumir alimentos ecolóxicos e de coidar o medio ambiente, tanto na terra como no mar. Tamén reflexionamos sobre como pequenas accións poden axudar a combater o cambio climático e a garantir o benestar animal.
Foi unha xornada moi divertida e enriquecedora, na que non faltaron a música, o baile e, sobre todo, moitas aprendizaxes para seguir construíndo un mundo máis sostible.
Sen dúbida, unha experiencia que lembrarán con moito agarimo!




