Visitamos o Faro de Vigo

Recentemente o noso alumnado do 2º e 3º ciclo de EP visitaron as instalacións do diario decano da nosa cidade. Esta actividade está enmarcada dentro Proxecto do Faro da Escola, no cal levamos participando dende a súa primeira edición. Foi unha xornada moi interesante xa que lles permite coñecer de primeira man como funciona un medio de comunicación real. Durante a visita, puideron descubrir como se elabora un xornal, desde a recollida da información ata a súa publicación, o que fomenta o pensamento crítico e a comprensión lectora. Ademais, achégaos á importancia da información veraz e ao papel dos xornalistas na sociedade. Con esta actividade complementaria pretendemos espertar a súa curiosidade pola escritura, a comunicación e o traballo en equipo, facendo a aprendizaxe máis dinámica e significativa.


Comments are closed.