A muller na ciencia (5º e 6º de Ed.Primaria)

Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria tiveron unha saída marabillosa cultural o pasado 14 de febreiro ás instalacións do museo Verbum co motivo do Día Internacional dá Muller e Meniña na ciencia. Aprenderon datos curiosos valorando o galego como lingua científica. Comezaron xogando por equipos ao xogo do ” kahoot” en tablets e continuaron facendo catro obradoiros distintos nos que descubriron o mundo dende unha perspertiva distinta. Moldearon plástico ata facer chaveiros e colgantes, investigaron como crear un circuíto de corrente, examinaron distintas superficies con microscopios, traballaron cos equilibrios da materia… E o máis importante, afianzaron o hábito de traballar en equipo e a importancia de valorar o coñecemento e a información, entendendo que todas as linguas e todos os xéneros teñen cabida na ciencia.

Sen dúbida foi unha experiencia inesquecible!

Aquí podedes ver ao noso alumnado participando en diferentes talleres STEM

Alumnado de 5º e 6º de E.Primaria utilizando microscopios dixitais para observar diferentes obxetos

Participando nun Kahoot, app coñecida para eles xa que se emprega tamén nas nosas aulas.

Comments are closed