Actividades polo Día da Muller

O pasado 8 de marzo celebrouse o Día internacional da Muller, polo que ao longo desta semana estivemos desenvolvendo diferentes actividades, adaptadas á idade de casa curso, para traballar a devandita data.

Cos máis pequenos centramos ditas actividades ao redor da figura materna.

O alumnado de 1º de Primaria, elaborou un diploma que sabemos de certo está ben merecido; o alumnado de 2º de Primaria, traballou sobre a idea dos súper poderes incomprensibles que posúen as súas nais, tal e como demostran nos seus debuxos.

Alumnado de 1º de Ed. Primaria elaborando os diplomas

Ditas ideas xurdiron por mor de ler en clase “Grandes mulleres que cambiaron o mundo”, onde presentase a vida de moitas mulleres dunha maneira moi próxima e motivadora para a súa idade.

En 2º de Primaria, ademais achegáronse un pouco á Figura de Frida Kahlo, ao dedicar unha actividade especial a ela.

Alumnado de 2º de Ed. Primaria levando a cabo a actividade sobre Frida Kahlo

Na materia de lingua inglesa, abordouse o tema enfocándoo desde o mundo laboral, de novo con actividades adaptadas a cada idade, desde unha sopa de letras cos pequenos onde vemos que todos os traballos poden ser desempeñados por homes e mulleres por igual, ata un listening en 4º de primaria sobre a canción “I ain’ t your mamma” de Jennifer López onde se pode observar distintas escenificacións do mundo laboral feminino desde os anos 50 ata o de agora e aqueles problemas que eran típicos entón e esperemos que pronto deixen de selo en todos os ambientes laborais.

Exemplos das actividades da materia de lingua inglesa

En cursos máis altos, o traballo centrouse, tamén a través da lectura de vidas inspiradoras de mulleres; e o alumnado de 5º de Ed. Primaria elaborou unha grilanda sobre o tema que pendurou do teito.

Utilizáronse neste caso os libros “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes: 100 historias de mujeres extraordinarias” da Ed. Planeta e o cómic “Científicas; pasado, presente y futuro” adaptación da obra de teatro homónima galardoada no 2017 e 2018.

Alumnado de 5º de Ed. Primaria traballando sobre as lecturas

Podedes ver un fragmento das devanditas lecturas no seguinte vídeo.

Lecturas inspiradoras sobre mulleres extraordinarias

Ademais non quixemos deixar pasar a oportunidade de render homenaxe a todas aquelas persoas, que están a nos axudar nesta crise sanitaria co seu traballo diario; pero en especial a aquelas mulleres (enfermeiras, doutoras e investigadoras) xa que, moi probablemente, non todas elas fágano en igualdade de dereitos e retribucións simplemente polo feito de ser mulleres. Para todas esas persoas, homes e mulleres, a nosa versión do aplauso fóra dos nosos balcóns. Cada neno e nena, desde Ed. Infantil a Primaria, contribuíu co seu traballo á elaboración do mural que podedes ver no corredor da entrada do centro estes días.

Alumnado de segundo pintando ás profesionais presentes no mural

Alumando de 4º de Ed. Primaria pintando os coronavirus para o mural

Alumnado de 6º de Primaria elaborando os aplausos utilizando as mans de modelo

Aquí tedes o resultado.

Comments are closed