Graduación ESO

Comezaron, algúns, deambulando desconfiados polos corredores cando a crise de 2008, lembrades?, pero a eles non lles importaba ese palabro nin falta que facía. E aí os tedes, despedíndose xa de nós. Despois chegaron outros que encheron o noso pequeno mundo con historias de Bolivia, da República Dominicana, de Brasil, de Colombia, de Marrocos e de aquí tamén. E nós, que lles agradecemos de corazón que nos axudasen a eliminar as miopías dos patrioterismos e nacionalismos. E agora é tempo—

Ler máis

O Entroido infantil

A celebración do Entroido na etapa de Educación Infantil estivo marcada polas indicacións do Meco, que seguimos durante toda a semana, e que nos foron transformando pouco a pouco, para o venres saír disfrazados duns preciosos pallasos. O último día da semana fixemos unha gran festa, con obradoiros de elaboración de flores de pallaso, máscaras e unha sesión de cine. Pese as restriccións, o noso alumnado máis cativo gozou dunha semana especial chea de cor, ledicia, diversión e novas aprendizaxes.—

Ler máis

Magosto infantil 2020

Os máis cativos do cole celebraron este magosto tan singular dun xeito especial, cos elementos propios desta festa como protagonistas. O alumnado da clase de tres anos estivo traballando de varias formas ben distintas, desde facer unha divertida castaña  con todas as partes da cara no sitio, ata crear un simpático rato empregando unha castaña como corpo. Pola súa banda a clase de catro anos traballou esta celebración elaborando o tradicional cornete de papel de periódico con castañas asadas, e—

Ler máis

Faro da Escola 2019-2020

O pasado 18 de xuño, tivo lugar, nos xardíns do Pazo Quiñones de León, o acto de entrega do xornal elaborado polos centros participantes no proxecto. Aínda que mantivemos a distancia de seguridade entre mestres, alumnos e autoridades, sentímonos todos un pouco máis preto. Celebramos xuntos o resultado destes meses de traballo na distancia, cun xornal único que sen dúbida, lembraremos no futuro. Escoitamos as palabras dunha mestra sobre a situación vivida durante a pandemia e o esforzo e traballo—

Ler máis

Graduacións virtuais de Educación Infantil e Educación Primaria

O remate do curso ven tradicionalmente marcado por dúas importantes celebracións: as graduacións do alumnado de sexto de Educación Infantil e de sexto de Educación Primaria. Nelas conmemoramos o fin dos seus estudos na correspondente etapa, e o paso a outra nova con emoción e agarimo. Este ano, por mor da emerxencia sanitaria, non puidemos celebrar estas importantes citas de xeito presencial, pero non perdemos a oportunidade de facelo a través dos medios tecnolóxicos! Así, na última semana do curso,—

Ler máis