O alumnado de Infantil e 1º Primaria visitamos o Porto de Vigo.

O último día de curso o alumnado de infantil e 1º de Primaria, fixemos unha visita moi especial ao Porto de Vigo, un dos máis importantes de Europa. Durante o percorrido, coñecemos de preto o funcionamento da Cámara dos Frescos, dos Conxelados e dos Vivos, onde aprendemos como se clasifican, conservan e transportan os produtos do mar. Tamén nos explicaron como funciona a Lonxa, o lugar onde se poxa o peixe acabado de chegar. Foi unha experiencia moi interesante e educativa para—

Ler máis

GRADUACIÓN INFANTIL

Este martes celebramos a graduación de Infantil, un día moi especial e cheo de emocións. Os nosos leonciños despedíronse dunha etapa chea de aprendizaxes e xogos. Con moita ilusión, deron o seu último pasiño nesta parte do camiño. Foi unha xornada inesquecible, con sorrisos, bágoas e moito orgullo. En setembro, subirán as escaleiras rumbo a Primaria, preparados para seguir medrando. Estamos moi orgullosos de vós, pequenos grandes valentes!  

Ler máis

Os leonciños visitan o teatro.

Os leonciños fomos a ver “E entón, un xardín” é unha obra con monicreques e música en directo, moi divertida e chea de cor.No xardín, os animais e as plantas falan e contan unha historia tola para coidar a natureza. Aprendemos a ser amables, responsables e a querer moito o noso planeta.

Ler máis

8 de Marzo “Día Internacional da Muller”

Estas semanas de marzo estivemos levando a cabo diversas actividades en torno ao 8M, día internacional da muller. Ed.Infantil e Ed. Primaria colaboramos para elaborar un mural que afastase á muller dos seus papeis estereotipados no mundo laboral para deixar claro que a muller pode desempeñar calquera traballo que ela desexe, ese é o seu superpoder. Tamén participamos en diferentes talleres sobre a igualdade e elaborado algunhas manualidades para regalarlle a unha muller importante na nosa vida.  

Ler máis