Concurso de Poesía

Este curso, con motivo do Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística organizou un concurso de poesía para o alumnado. Traballouse o xénero lírico, as emocións, imitáronse poemas de Xela Arias e leuse moita poesía para inspirar os nosos futuros poetas. A seguir podedes ler as composicións premiadas: Concurso de Poesía.  

Quen foi Xela Arias?

Ademais de traballar os textos de Xela Arias na clase e escribir poesía coma ela, apeteceunos realizar unha actividade ao aire libre co grupo de 1.º da ESO. Preparamos unhas pistas e, a modo de xogo, o alumnado puido descubrir momentos importantes da vida desta autora e moitos dos seus logros. A seguir podedes ver unha pequena mostra desta actividade, só tedes que premer a continuación: Coñecendo a Xela Arias.

Celebración musical do Día das Letras Galegas

Algúns dos nosos alumnos e alumnas quixeron achegarse á figura de Xela Arias dun xeito moi próximo a eles, isto é, a través dun vídeo. Escoitamos moitas cancións creadas a partir de poemas desta autora, ata que nos decidimos por Intempériome, de A banda da Loba. Analizamos os versos, identificámonos con eles e sentímolos. E, a seguir, as ideas para o baile foron xurdindo desta xente nova, o futuro da nosa lingua. Podedes premer na seguinte ligazón para gozar con—

Ler máis

O Entroido no Quiñones de León

O venres 21 de febreiro toda a comunidade educativa celebrou o Entroido, que tivo como elemento motivador as lendas galegas. Os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria desfilaron polas rúas do barrio do Calvario vestidos como fadas, trasnos, xacios e xacias, mouros e mouras, meigas, diaños, gatipedros e outros seres máxicos relacionados coa nosa natureza.     Neste paseo, non faltaron tamén algúns compañeiros e compañeiras de secundaria, así como profesores e familiares do alumnado. Xa de volta—

Ler máis

Celebración do Día das Letras Galegas 2019

O Día das Letras Galegas é todos os días do ano, sabémolo e é algo que intentamos transmitir ao noso alumnado, promovendo o uso e o coñecemento da nosa lingua. Pero o día 16 de maio xuntámonos no patio do colexio para falar un chisco sobre a figura homenaxeada deste ano: Antonio Fraguas, fundamental para coñecer na actualidade cantigas e tradicións, que doutro xeito serían descoñecidas para nós. Tivemos uns grandes presentadores para a ocasión, un par de alumnos de—

Ler máis

Preparación do Día das Letras Galegas 2019

Este ano o homenaxeado polo Día das Letras Galegas foi Antonio Fraguas Fraguas. Todas as etapas educativas do noso colexio procuraron coñecer un pouco máis sobre a vida e a traxectoria profesional deste home, gran defensor da nosa cultura e da nosa historia. Traballamos tanto na clase como na aula de informática, fixemos buscas de información, participamos en xogos en liña, aprendemos sobre o noso traxe tradicional, costumes, festividades e toponimia.   O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou—

Ler máis