O xoves: paxarela, sombreiro, un zapato de cada cor e ao redor da cintura algo fermoso debes poñer.
Celebración do Entroido

O pasado venres celebramos o Entroido no colexio. Para o alumnado de secundaria, o tema proposto foi vir vestidos da época que máis lles gustase. Moitos seguiron a indicación e outros tamén se animaron a vir disfrazados aínda que doutras temáticas. Tamén participaron no concurso de disfraces: Pasamos unha xornada marabillosa toda a comunidade escolar xunta.