A ESO tamén entroidou

O Entroido tamén se deixou notar nos cursos dos maiores. Non foi coma outros anos, pero algúns dos nosos alumnos e alumnas maiores tamén quixeron seguir as ordes do meco e o venres ata viñeron co seu mellor traxe para… si, para descansar. Aínda que tiveron que traballar coma outros días, non quixeron deixar escapar esta data tan nosa. E para mostra, aquí vos deixamos unhas imaxes:

Xa chega o Entroido

Xa temos ao Meco sentado na entrada,
tranquilo, mirando, sen facer máis nada.
É feo e o sabe, pero non lle importa,
porque se divirte xogando coa roupa:
un día o sombreiro, por se fóra chove,
ao outro os zapatos de distintas cores.
Pregunteille ao Meco que quere que fagas:
-Que a miña roupa imite, sen facer trasnadas.

  • O luns viste elegante cunha bonita paxarela ou unha gravata.
  • O martes, o sombreiro máis chulo que atopes na casa.
  • O mércores, de distintas cores os zapatos han ser.
  • O xoves, ao redor da cintura algo fermoso debes poñer.

E lembra que non podes usar maquillaxe, caretas nin luvas.

O Entroido no Quiñones de León

O venres celebramos todo o equipo do colexio a festa do Entroido. Como xa vos anticipamos, a temática era o cine e a televisión. Tivemos a oportunidade de ver moitos Minions e tamén a Gru; a Nemo, Dory e o profesor manta raia; a Lady Bug e Cat Noir; variados superheroes do mundo Marvel; personaxes do Rei León; diversos emojis; o exército de cartas da Raíña de Corazóns e o Coello Branco; e tamén moitos atracadores de La casa de—

Ler máis