Os leonciños visitan o teatro.

Os leonciños fomos a ver “E entón, un xardín” é unha obra con monicreques e música en directo, moi divertida e chea de cor.No xardín, os animais e as plantas falan e contan unha historia tola para coidar a natureza. Aprendemos a ser amables, responsables e a querer moito o noso planeta.

Ler máis

Día do Libro 2025

O pasado día 23 de abril, como sabedes, celebramos o día do libro. Este ano centrándonos na parte dea lectura por lecer. Deste xeito, o noso alumnado do máis pequeno ao maior elaboraron a reseña das súas lecturas preferidas e organizouse un Obradoiro Cooperativo entre as etapas de Primaria e ESO nas que elaboraron libros acordeón. Deixámosvos aquí unhas fotos da xornada.        

Ler máis

Charla de Sexualidade en 3º ESO

O alumnado de 3º ESO asistiu a unha charla dos centros Quérote+ sobre Sexualidade. Se ben un tema integral (biolóxico, ético, histórico, etc.) da persoa non se pode aprender en 50 minutos, os rapaces recibiron información de moitos asuntos de interese (ITS, métodos anticonceptivos, …) e, o que é máis importante, de onde acudir para ser escoitados en caso de necesitar axuda.

Ler máis