Propostas do alumnado para a mellor “Xornada de portas abertas do cole”

Como ben sabedes, o noso gusto polo trato próximo coas familias ten unha data especial e imprescindible no calendario, na que celebramos unha gran festa: a “Xornada de portas abertas do cole”. Trátase dunha data dirixida á convivencia de toda a comunidade educativa. Nela, ademais da actuación dos distintos cursos, realizamos talleres, experimentos, e contamos con diferentes animacións dirixidas a toda a familia. Moi posiblemente hoxe sería o día elixido, e estaríamos xa coas ganas enormes de celebrar con todos —

Ler máis

A creatividade e a expresión plástica do noso alumnado

Entre as materias que máis gustan ao alumnado, tradicionalmente atópase a plástica, xa que é unha canle na que se manipulan materiais do máis diversos co propósito de crear, acadando a súa expresión libre. O debuxo é unha das técnicas que máis se traballan, xa dende a etapa de Educación Infantil, dada a súa importancia, pero non é a única. Caracterízase por ser un medio de comunicación e expresión esencial, posto que grazas a el, o alumnado é quen de—

Ler máis

Traballamos co galego

Durante este tempo no que temos tan presente a celebración do Día das Letras Galegas, o galego cobra unha relevancia especial na comunidade educativa. A aprendizaxe da nosa lingua, iniciada con contos, xogos, cancións e pequenas conversas en Educación Infantil, da paso a unha metodoloxía máis sistemática, pero non por iso menos lúdica e participativa ao longo da Educación Primaria. Así, os primeiros cursos desta etapa estiveron a facer estes días unha análise da súa palabra favorita en galego, e—

Ler máis

Feliz Día das Letras Galegas!

Hoxe, 17 de maio, non queremos pasar sen celebrarmos toda a comunidade educativa o Día das Letras Galegas, aínda que sexa así na distancia. Este ano dedícase este día a Ricardo Carballo Calero. Durante o mes de outubro, faremos diferentes actos conmemorativos no centro escolar ao redor da figura deste persoeiro. Pero este 17 maio quedará para sempre na nosa memoria como unha data diferente, na que festexamos o día sabendo que todos os días son os días das nosas—

Ler máis

Aviso importante

  • Debido ao cambio do tipo de ensino por mor do coronavirus, as programacións didácticas foron adaptadas ás circunstancias específicas deste curso. Os pais/nais e alumnos/as poden consultar estas programacións adaptadas nos menús da esquerda.

Os nosos guías turísticos: propostas de viaxes.

As limitacións de mobilidade ás que nos obriga o confinamento destes días, non impide que poidamos viaxar coa imaxinación, e mesmo planear esas viaxes que nos gustaría facer cos nosos seres queridos. Por iso, e para traballar de forma global as competencias do alumnado, nas tarefas destes días os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación primaria estiveron imaxinando que lugar lles gustaría visitar, facendo unha labor de documentación sobre o seu destino, planificando a viaxe, e mesmo—

Ler máis