25 de Novembro, Día Contra a Violencia de Xénero
O pasado 25 de novembro conmemorouse o Día contra a Violencia de Xénero, data sinalada para dar visibilidade a este problema que involucra e compete a toda a sociedade. Dende o Departamento de Igualdade do centro propúxose traballalo en todas as etapas educativas na medida na que a madurez e momento evolutivo do noso alumnado puidese comprender. Posto que traballar e concienciar desde idades temperás é a mellor maneira de conseguir, algún día, que esta conmemoración non sexa necesaria. Así—