Os pais/nais/titores do alumnado beneficiario das máscaras que reparte a Xunta de Galicia poden pasar a recollelas na Administración do colexio a partir do día 14 de xaneiro, en horario de 9:30 a 11:00 e de 13:00 a 13:45 h. Pregamos sexan respectuosos/as co protocolo COVID-19.
Día da Paz 2020

“Din que nun país moi afastado, nun precioso val, existía un pobo rodeado de bosques que, como todos os pobos, tiña unha praza. Din tamén que no centro da praza había unha árbore enorme que todos coñecían como a Árbore da Palabra. Contan que os nenos e as nenas do pobo, ao atravesar a praza para ir á escola, preguntábanse de onde viña o seu nome. Preguntáronllo á mestra, pero esta non lles puido contestar porque, cando ela naceu, a—