Un ano máis, a comunidade escolar do Quiñones de León celebrou o Día da non-violencia e a paz.
Nas diferentes etapas, traballaron durante estas semanas dun xeito especial para conmemorar xuntos este día. Os máis pequenos leron contos e reflexionaron sobre diferentes situacións; outros xa puideron organizar algún pequeno debate, e os maiores lembraron a figura de Gandhi e revisaron a orixe dos distintos símbolos da paz.
Hoxe xuntámonos todos, guiados por un dos nosos alumnos maiores:
Este compartiu unha pequena receita que elaborou todo o noso alumnado, “a receita da paz”:

O alumnado de educación infantil tamén preparou un mural que quixo compartir con toda a comunidade educativa:
E, para rematar, cantaron a canción War/No More Trouble entre todos.
Desexamos que esta xornada non quede só nunha celebración e que entre todos logremos que o noso alumnado sexa o xermolo que encha o mundo de ledicia, solidariedade, confianza, tolerancia, xustiza…


