Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. O noso alumnado tivo a posibilidade de coñecer este autor e de ler algúns dos seus poemas.
Despois deste traballo previo, o alumnado de primaria fixo uns murais cos que participaron no Concurso de murais organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística. A seguir, podedes ver os gañadores deste concurso:
O Equipo de Dinamización Lingüística tamén organizou un Concurso de poesía. Houbo moita participación e foi complicado elixir, pero aquí temos as gañadoras e gañadores desta edición:
E, finalmente, non queriamos deixar de amosarvos o traballo do alumnado de secundaria. Amosaron, a través dunhas lentes ou prismáticos, o paso do tempo: de obxectos, de paisaxes, de persoas… A ver se o podedes apreciar na imaxe:
Esperamos que os nosos alumnos e alumnas sigan escribindo tan ben como o fixeron.