O pasado día 18, o noso alumnado de 3º, 4º e 5º de E.P. puido gozar dunha xornada de exercicio na Vía Verde. Esta actividade organizada polo Concello de Vigo, pretendía dar a coñecer a Vía Verde inaugurada o pasado xaneiro na nosa cidade como un espazo no que gozar ao aire libre do exercicio físico. Para iso, organizaron unha serie de xincanas para que os nosos pequenos deportistas pasáseno en grande. E a verdade, que así foi.
Deixámosvos aquí un pequeno vídeo con algunha dos exercicios que realizaron.
-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos