Pegada dixital en 4º ESO

O alumnado de 4º ESO participou no programa da Xunta de Galicia: Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, onde se lles explicou que é iso da pegada dixital e como facer bo uso da rede. Xa que o uso das TIC é inevitable e necesario, non está de máis que coñezamos que toda acción en Internet deixa unha pegada permanente e actuemos en consecuencia. Antes de publicar algo, pensa cinco minutos se é tan importante. E logo, dez minutos máis.

 

Comments are closed