En primaria, regueifamos!

Esta semana, o alumnado de 5.º de Primaria tivo a sorte de poder gozar da compañía dos grandes regueifeiros Caruncho e Pinto.

Explicáronnos a orixe das regueifas e amosáronlle ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Despois, acompañados polo son da zanfona, crearon coplas e tamén as cantaron.

Coma sempre, esta é unha actividade chea de humor, risas e o mellor ambiente!

Este foi só un primeiro achegamento a esta arte de improvisación oral, pero haberá máis. Parabéns!

Comments are closed.