Festa Fin de Curso 2026

Fai pouco, celebramos a nosa esperada Festa de Fin de Curso, unha xornada chea de alegría, convivencia e diversión para toda a comunidade educativa. A pesar das altas temperaturas, alumnado, familias e profesorado gozaron dun día inesquecible repleto de actividades.
O cole enchéuse de música, baile e entusiasmo, e obradoiros que ofreceron momentos de aprendizaxe e diversión.
Queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que fixeron posible este evento, que puxo o mellor broche final a un curso cheo de aprendizaxes, experiencias e momentos compartidos. Agardámosvos o vindeiro curso!
Deixámosvos aquí uns momentos da xornada e as actuacións.

 

 

Comments are closed.