Grazas!

O noso alumnado non para de traballar na casa. Cada quen ten as súas tarefas asignadas, e todos os días somos testemuñas do esforzo que fan tanto eles, como a súas familias. Por iso queremos transmitir as nosas máis cálidas grazas aos nosos nenos e nenas que tan ben se están a portar, e tanto se aplican na casa, e, por suposto, a vós familias pola paciencia e o esforzo que sabemos estades a realizar nestes difíciles días.
O traballo en equipo sempre da bos resultados, e XUNTOS CONSEGUIREMOS SUPERAR ESTA ETAPA! Aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgunhas imaxes que fomos recibindo estes días, nos que non só se reforzaron aprendizaxes, senón que tamén se desenvolveu a competencia dixital e a creatividade plástica e musical.

Neste enlace podedes gozar dunha coreografía de baile en familia con vasos de plástico. Todo un traballo de coordinación, ao que se atreveu non só Noa, senón tamén a súa irmá Lía e a sua nai Olga. Parabéns polo voso traballo!

Desde aquí animámosvos a seguir traballando e mellorando cada día como o estades a facer. E por suposto a enviarnos fotos dos vosos traballos que nos enchen de alegría e esperanza de poder volver vernos canto antes. Moito ánimo a todos!

 

 

Comments are closed