I Obradoiro de regueifas

O gran regueifeiro Luis O Caruncho visitounos para impartir un obradoiro de regueifas, organizado polo SNL do Concello de Vigo e a Asociación Oral de Galicia.

Caruncho viaxou co noso alumnado ao redor do mundo para amosar outras formas de poesía improvisada, descubriulles a orixe das regueifas e ensinoulles a construílas. Despois animounos a que improvisasen as súas coplas e cantaron todos xuntos.

Comments are closed.