Infantil visita a Biblioteca Neira Vilas

O pasado 17 de xuño visitamos a Biblioteca Neira Vilas. Baixo a temática dos detectives, gozamos de contos moi divertidos e participamos en diferentes actividades. Para rematar a visita, elaboramos un mural cos distintos personaxes que fomos coñecendo ao longo da xornada.

Desde o Equipo de Educación Infantil queremos agradecer a colaboración das familias que nos acompañaron nesta saída. A súa presenza e axuda son sempre moi valiosas e fan que este tipo de actividades sexan máis sinxelas, enriquecedoras e agradables para todos. Moitas grazas pola vosa implicación e apoio.

Comments are closed.