Este ano 2024 homenaxeamos a Luisa Villalta polo Día das Letras Galegas.
O noso alumnado elaborou algúns murais e a partir dalgúns versos do poema “Papagaio”:
Compartir as cordas de tender a roupa
vibrantes de emoción e de necesidade
naceu a idea de facer nós tamén o noso tendal.
Despois xuntámonos para falar dela, ler algún dos seus poemas e tocar algunha peza musical.
E tamén aproveitamos a xuntanza para celebrarmos os maios, acompañados do recitado de poemas.
E xa vén o maio…