Museo do Mar 1º e 2º EP

O pasado xoves o noso alumnado de 1º ciclo de EP visitou o Museo do Mar. Esta vez a saída tiña un carácter especial xa que tivemos que coller o Vitrasa e pagarlle ao conductor, moi emocionante para estas idades e máis se vas cos compañeiros de clase.
Despois de aprender moitas cousas do mar e do que podemos facer polas crituras que viven na nosa fermosa ría, merendamos na praia e fixemos unha recollida de elementos alleos a ela, restos de redes, plásticos… e atopamos unha chea de tesouros coma cunchas, restos de algas, pedras especiais… en definitiva, unha xornada especial chea de aprendizaxe, respecto polo medio ambiente e diversión.
Tedes aquí un pequeno vídeo con instantáneas dese día.

Comments are closed.