Obradoiro de regueifas

Esta semana o alumnado de secundaria coñeceu o gran regueifeiro Bieito Lobariñas. Tivemos a primeira sesión dos obradoiros de regueifas, organizados pola Deputación de Pontevedra e a Asociación ORAL de Galicia.

Explicou a orixe das regueifas e amosou ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Acompañados polo son da súa zanfona, crearon as súas coplas e tamén as cantaron.

Agora seguiremos practicando para mostrar os dotes de improvisación do Quiñones na segunda sesión.

Comments are closed