Os Maios (1º e 2º EP)

Os Maios é unha celebración tradicional da primavera moi presente na cultura galega. Este ano, o alumnado do 1º ciclo de Primaria achegouse ao Mercado de Calvario levando con eles o seu Maio elaborado no cole. Con esta actividade queremos dar a coñecer esta festividade galega tan bonita ao noso alumnado e darlles a coñecer a súa contorna. Traballamos esta festa popular a través da creatividade, a música e o traballo en equipo, elaborando o noso maio con materiais naturais e propios do entorno escolar, coñecendo cantigas, que con máis ou menos nervios cantaron diante da porta do Mercado, e costumes propias desta tradición. Unha experiencia divertida para aprender e valorar o patrimonio cultural de Galicia.

 

 

Comments are closed.